venres, 21 de xuño de 2019

Festival fin de curso

Chegou o día, chegou a romaría. Aquí estamos, a 21 de xuño celebrando por todo o alto o festival fin de curso 2018/19 presentado polo alumnado de 6º E.P. Ver programa AQUÍ.
Aquí mostramos as actuacións:
Inicia o festival o alumnado de 4º E.P. coa obra de teatro titulada:
 "As catro cirurxiás cortan polo san" 
Continuamos cun baile de ritmos latinos
( actividade extraescolar zumba)
Lucas, alumno de 6º E.P. interpreta ao piano
"Claro de luna" de Beethoven.
Valentina, alumna de 5º E.P. interpreta ao piano 
"Nivole bianche" de Ludivico Einaudi.
Volve o Club de teatro, neste caso o alumnado de 3º E.P. coa obra
"Rosiña non quere ser carapuchiña"
O alumnado de 6º E.P.  despídese cunha fermosa coreografía e entrega uns agasallos aos mestres.
 Mix Havana-Power 
Chegou o momento tan ansiado por todo o alumnado, saber cal foi o equipo gañador da "Xincana en feminino" e entrega de agasallos.
Equipo gañador. "Laranxas"

Damos a despedida a este curso en feminino coa a actuación da 
orquestra do colexio "Os Muiñeiros" que nos deleitan cunha versión propia da 
"Muiñeira de Chantada"
BO VERÁN!
😎

xoves, 20 de xuño de 2019

Xornada de portas abertas "Muller tiña que ser"

O xoves 20 de xuño ás 11.00h. o CEIP "Os Muíños" abre as portas ás familias co fin de que coñezan de primeira man o proxecto documental integrado deste curso "Muller tiña que ser".
Nesta xornada, o alumnado de 6º E.P. comentou as vantaxes de traballar toda a comunidade educativa sobre un proxecto común e fixo un resumo de todas as actividades a través dos distintos paneis expostos polos corredores do colexio elaborados polo alumnado e mestres. 
Tanto para o alumnado de 6º coma para as familias foi unha experiencia moi enriquecedora, polo que pensamos repetir a actividade o vindeiro curso escolar.
Aquí tedes o vídeo da actividade:

martes, 11 de xuño de 2019

Xincana en feminino "Muller tiña que ser"

O martes 11 de xuño, alumnado e mestres participaron na "Xincana en feminino", última parte do PDI "Muller tiña que ser". 
Nada máis chegar ao cole, o alumnado subiu ás aulas para vestir as camisetas que preparou o equipo de biblioteca e baixou ao vestíbulo. Aquí, o tribunal foi chamando a cada un dos membros dos sete equipos para organizar os grupos.
Participan na xincana 7 equipos de 16 e 17 nenos e nenas de todos os niveis de Infantil e Primaria. Cada equipo ten unha capitana ( alumnas de 6º E.P.) e está definido por unha cor.
"Amarelos"
 "Azuis"
 "Laranxas"
 "Violetas"
 "Rosas"
 "Verdes"
 "Vermellos"
Unha vez formados os grupos xuntáronse todos no ximnasio, ocupando o primeiro lugar a capitana de cada equipo. O tribunal fixo un pequeno resumo da actividade e entregou unha carpeta a cada unha das capitanas. A carpeta contén tres documentos: nome de cada un dos membros do equipo, pistas e control de rutas. Este último documento ten que entregalo cada capitana ao mestre representante de cada unha das rutas








Empezou o xogo que consistiu en seguir as pistas para chegar ás rutas e alí resolver dúas probas relacionadas coas exposicións orais sobre as sete mulleres protagonistas do proxecto. Unha vez finalizado o percorrido das rutas, a capitana de cada grupo entregou a carpeta ao tribunal que revisará cada un dos controis de rutas para determinar o equipo gañador. 
                     Aquí tedes o vídeo resumo da actividade.

Xa falta pouco para saber cal é o equipo gañador. Recordade que será na festa de fin de curso.
Sorte!

mércores, 5 de xuño de 2019

Control de rutas

A capitana de cada equipo ten que entregar ao mestre representante de cada ruta este documento que se chama "Control de rutas". Unha vez cuberto polo mestre, gárdase de novo na carpeta para entregala ao tribunal cando remate o percorrido das sete rutas.


Grupos "Xincana en feminino"

Unha xincana é un xogo colectivo no que as persoas divídense en grupos e competen entre si. A nosa consta de 7 grupos de 15/16 nenos e nenas. Os grupos van numerados e levan nome de cor.
Grupos "Xincana en feminino"





Rutas "Xincana musical"

A "Xincana en feminino" ten un percorrido de sete rutas que os grupos teñen que adiviñar seguindo unhas determinadas pistas. En cada ruta faranse dúas probas relacionadas coas sete mulleres protagonistas do proxecto que terán que resolverse nun tempo máximo de 5 minutos cada unha ( dez minutos/ruta).

Ruta "As Letras"
Ruta "Óleo"
Ruta "Reloxo"
Ruta "Pop-rock"

Ruta "Arte"

Ruta "Ciencia"
Ruta "Son"