Amosando publicacións coa etiqueta 1ºT. Apertura da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1ºT. Apertura da biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de setembro de 2018

Apertura da biblioteca en feminino, singular.

Celebramos a Apertura da biblioteca escoitando á polifacética artista, protagonista deste curso e moi coñecida por todos nós, Viki Rivadulla. Falounos do avance da muller na sociedade, de mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas. Rematou este marabilloso acto contándonos "O lapis máxico de Malala" ( Malala Yousafzai). 


Non podían faltar a esta celebración a mestra Isabel que formou parte do equipo de biblioteca durante moitos anos e a nosa conserxe Carmen que sempre que podía, facía un oco para contar e escoitar nos recunchos da biblioteca.

Grazas Viki, ata pronto!