Amosando publicacións coa etiqueta 3ºT. Xornada de portas abertas. "Muller tiña que ser". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3ºT. Xornada de portas abertas. "Muller tiña que ser". Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de xuño de 2019

Xornada de portas abertas "Muller tiña que ser"

O xoves 20 de xuño ás 11.00h. o CEIP "Os Muíños" abre as portas ás familias co fin de que coñezan de primeira man o proxecto documental integrado deste curso "Muller tiña que ser".
Nesta xornada, o alumnado de 6º E.P. comentou as vantaxes de traballar toda a comunidade educativa sobre un proxecto común e fixo un resumo de todas as actividades a través dos distintos paneis expostos polos corredores do colexio elaborados polo alumnado e mestres. 
Tanto para o alumnado de 6º coma para as familias foi unha experiencia moi enriquecedora, polo que pensamos repetir a actividade o vindeiro curso escolar.
Aquí tedes o vídeo da actividade: