martes, 11 de xuño de 2019

Xincana en feminino "Muller tiña que ser"

O martes 11 de xuño, alumnado e mestres participaron na "Xincana en feminino", última parte do PDI "Muller tiña que ser". 
Nada máis chegar ao cole, o alumnado subiu ás aulas para vestir as camisetas que preparou o equipo de biblioteca e baixou ao vestíbulo. Aquí, o tribunal foi chamando a cada un dos membros dos sete equipos para organizar os grupos.
Participan na xincana 7 equipos de 16 e 17 nenos e nenas de todos os niveis de Infantil e Primaria. Cada equipo ten unha capitana ( alumnas de 6º E.P.) e está definido por unha cor.
"Amarelos"
 "Azuis"
 "Laranxas"
 "Violetas"
 "Rosas"
 "Verdes"
 "Vermellos"
Unha vez formados os grupos xuntáronse todos no ximnasio, ocupando o primeiro lugar a capitana de cada equipo. O tribunal fixo un pequeno resumo da actividade e entregou unha carpeta a cada unha das capitanas. A carpeta contén tres documentos: nome de cada un dos membros do equipo, pistas e control de rutas. Este último documento ten que entregalo cada capitana ao mestre representante de cada unha das rutas








Empezou o xogo que consistiu en seguir as pistas para chegar ás rutas e alí resolver dúas probas relacionadas coas exposicións orais sobre as sete mulleres protagonistas do proxecto. Unha vez finalizado o percorrido das rutas, a capitana de cada grupo entregou a carpeta ao tribunal que revisará cada un dos controis de rutas para determinar o equipo gañador. 
                     Aquí tedes o vídeo resumo da actividade.

Xa falta pouco para saber cal é o equipo gañador. Recordade que será na festa de fin de curso.
Sorte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario