mércores, 26 de setembro de 2018

Apertura da biblioteca en feminino, singular.

Celebramos a Apertura da biblioteca escoitando á polifacética artista, protagonista deste curso e moi coñecida por todos nós, Viki Rivadulla. Falounos do avance da muller na sociedade, de mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas. Rematou este marabilloso acto contándonos "O lapis máxico de Malala" ( Malala Yousafzai). 


Non podían faltar a esta celebración a mestra Isabel que formou parte do equipo de biblioteca durante moitos anos e a nosa conserxe Carmen que sempre que podía, facía un oco para contar e escoitar nos recunchos da biblioteca.

Grazas Viki, ata pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario