No recuncho lector tedes un montón de libros de poesía escritos por poetisas: Ana María Fernández, Rosalía de Castro, Amparo Gómez, María Isabel Sánchez, Amalia Pérez, María Canosa, Concha Blanco, Yolanda Castaño, Gloria Fuertes, María Lado, María Maríño...
luns, 18 de marzo de 2019
venres, 15 de marzo de 2019
Versos de muller
Falta pouco para o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, e cada curso inventou un poema relacionado coas mulleres protagonistas do PDI deste curso.
Con todos os poemas elaboramos un mural que titulamos: "Versos de muller".
Premendo no mural verás fotos da actividade.
3º E.P.:
"A luz de Galicia"
"A luz de Galicia"
4º E.P.:
"Mans de artesá"
"Mans de artesá"
5º E.P.:
"Muller loitadora"
"Muller loitadora"
6º E.P.:
"A gaiteira Susana"
"A gaiteira Susana"
Gañadores Concurso de lectura de Poesía "Versos de muller"
No Concurso de poesía en voz alta "Versos de muller" houbo un total de 31 participantes.


O equipo de biblioteca, despois de moito deliberar, decidíu que os gañadores do concurso son:
1º ciclo: Daniel Rivadulla Gómez
2º ciclo: Luc Pinzón Soto
3º ciclo: Valentina Rey Sánchez
A entrega de premios será o 21 de marzo, na Festa da Poesía "Versos de muller"
Moitas grazas a todos por participar.
Noraboa a todos os premiados!
xoves, 14 de marzo de 2019
Concurso de lectura de poesía "Versos de muller"
Como xa é habitual no mes de marzo, mes da poesía, a biblioteca convoca un concurso de lectura de poesía que este curso denominamos "Versos de muller" porque os poemas que se van recitar son da poeta Ana María Fernández Martínez.
Houbo 31 participantes.
Así recitaron...
venres, 8 de marzo de 2019
8 de marzo, Día Internacional da Muller
O venres 8 de marzo celebramos no noso cole o Día Internacional da muller.
Contamos, como xa é habitual, coa axuda do Voluntariado que estiveron encantados de colaborar presentando a actividade.
Contamos, como xa é habitual, coa axuda do Voluntariado que estiveron encantados de colaborar presentando a actividade.
O noso agradecemento a Brais, Yasmín, Damián, Zaira e Paula
Iniciamos o acto desfrutando do vídeo que elaborou a mestra de 4º e 5º de Infantil co seu alumnado:
"Grazas por..."
A continuación, tivemos o gusto de escoitar a marabillosa voz dunha exalumna do centro que quixo compartir connosco este momento. Saray Riveiro, que agora cursa 2º da ESO no instituto de Muxía, cantou acompañando co teclado, a canción "Stay with me".
O alumnado participante no concurso de carteis do 8 marzo informounos da súa elaboración.
xoves, 7 de marzo de 2019
Anunciamos...
O CEIP Os Muíños desexa un feliz 8 de marzo.
Botade unha ollada a este marabilloso vídeo creado por María, a mestra de 4º- 5º Infantil.
Avoas, nais, netas, sobriñas...o día 8 de marzo é o voso día.
GRAZAS POR...
Feminista!
O Voluntariado de 6º E.P. fixo equipo para elaborar nos recreos da mañá na biblioteca, un mural para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Titulárono: "Feminista"
Preme na imaxe para ver fotos da actividade:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




