O martes 9 de abril o alumnado de Infantil e 1º e 2º E.P. foron a aula de 4º para desfrutar e aprender da exposición oral sobre a artista Viki Rivadulla.
O xoves 11 foi a quenda de 3º,5º e 6º E.P.
O alumnado quixo invitar ás familias, a Carmen a antiga conserxe e a propia Viki Rivadulla que estiveron encantados de compartir este momento.
Ao remate da exposición, Viki Rivadulla adicoulles unhas palabras e agasalloulles cunha lámina pintada por ela cunha dedicatoria persoal para o colexio.
Ao remate das exposicións o alumnado de 4º E.P. agasallou a compañeiros e mestres cunha poesía inventada por eles sobre
O xoves 4 de abril e o martes 9, o alumnado de 3º,4º,5º e 6º E.P. e mestres estiveron na aula de 6º de Infantil para desfrutar e aprender da exposición sobre sobre a pintora Maruja Mallo.
O venres 5 de abril foi a quenda do alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º e 2º E.P.
O martes 2 de abril o alumnado de Infantil e 1º -2º E.P. e mestres foron á aula de 3º para desfrutar e aprender da exposición sobre a cantante galega Luz Casal.
O mércores 3 de abril foi a quenda do alumnado de 4º, 5º e 6º E.P.
Damos remate a este trimestre coas exposicións orais do PDI "Muller tiña que ser". Todos os cursos invitan ó resto dos grupos e familias para contarlles sobre o que investigaron das mulleres protagonistas deste proxecto.