luns, 17 de xuño de 2019
martes, 11 de xuño de 2019
Xincana en feminino "Muller tiña que ser"
O martes 11 de xuño, alumnado e mestres participaron na "Xincana en feminino", última parte do PDI "Muller tiña que ser".
Nada máis chegar ao cole, o alumnado subiu ás aulas para vestir as camisetas que preparou o equipo de biblioteca e baixou ao vestíbulo. Aquí, o tribunal foi chamando a cada un dos membros dos sete equipos para organizar os grupos.
Nada máis chegar ao cole, o alumnado subiu ás aulas para vestir as camisetas que preparou o equipo de biblioteca e baixou ao vestíbulo. Aquí, o tribunal foi chamando a cada un dos membros dos sete equipos para organizar os grupos.
Participan na xincana 7 equipos de 16 e 17 nenos e nenas de todos os niveis de Infantil e Primaria. Cada equipo ten unha capitana ( alumnas de 6º E.P.) e está definido por unha cor.
"Amarelos"
"Azuis"
"Laranxas"
"Violetas"
"Rosas"
"Verdes"
"Vermellos"
Unha vez formados os grupos xuntáronse todos no ximnasio, ocupando o primeiro lugar a capitana de cada equipo. O tribunal fixo un pequeno resumo da actividade e entregou unha carpeta a cada unha das capitanas. A carpeta contén tres documentos: nome de cada un dos membros do equipo, pistas e control de rutas. Este último documento ten que entregalo cada capitana ao mestre representante de cada unha das rutas.
Empezou o xogo que consistiu en seguir as pistas para chegar ás rutas e alí resolver dúas probas relacionadas coas exposicións orais sobre as sete mulleres protagonistas do proxecto. Unha vez finalizado o percorrido das rutas, a capitana de cada grupo entregou a carpeta ao tribunal que revisará cada un dos controis de rutas para determinar o equipo gañador.
Aquí tedes o vídeo resumo da actividade.
Sorte!
mércores, 5 de xuño de 2019
Control de rutas
A capitana de cada equipo ten que entregar ao mestre representante de cada ruta este documento que se chama "Control de rutas". Unha vez cuberto polo mestre, gárdase de novo na carpeta para entregala ao tribunal cando remate o percorrido das sete rutas.
Grupos "Xincana en feminino"
Unha xincana é un xogo colectivo no que as persoas divídense en grupos e competen entre si. A nosa consta de 7 grupos de 15/16 nenos e nenas. Os grupos van numerados e levan nome de cor.
Grupos "Xincana en feminino"
Rutas "Xincana musical"
A "Xincana en feminino" ten un percorrido de sete rutas que os grupos teñen que adiviñar seguindo unhas determinadas pistas. En cada ruta faranse dúas probas relacionadas coas sete mulleres protagonistas do proxecto que terán que resolverse nun tempo máximo de 5 minutos cada unha ( dez minutos/ruta).
Ruta "As Letras"
Ruta "Óleo"
Ruta "Reloxo"
Ruta "Pop-rock"
Ruta "Ciencia"
Ruta "Son"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















