Polo Samaín recibimos unha carta da Curuxa na que nos propoñía facer unha actividade colaborativa relacionada co PDI que consistía en que cada curso tiña que transformar a súa muller en bruxa, pantasma, vampira...
Todos os anos, polo Samaín, convócase un concurso de cabazas relacionado co tema anual, no que participan as familias, que, coma sempre, colaboraron enviando verdadeiras obras de arte. A calidade e a orixinalidade foi moi alta.
Se queres ver as fabulosas cabazas, botádelle unha ollada a este vídeo:
Aquí tedes as familias gañadoras do concurso "Cabaza muller, tiña que ser" Infantil
Familia de Simón Espansandín Pérez
Familia de Carla Pérez Pena
1º ciclo
Familia de Rafael Riveiro Rivadulla
2º ciclo Familia de Iria Sambade Barcia
3º ciclo Familia de Silvia Toba Corral
Agradecementos a todas as familias que participaron no concurso, porque sen a súa colaboración, nada disto sería posible.
Neste mes de outubro fixemos unha compra de libros relacionados co tema anual. Xa están á vosa disposición na biblioteca. Para ver os libros, preme aquí.