O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Galegos de Rosalía de Castro. O EDL en coordinación co equipo de biblioteca, tendo en consideración o PDI "Muller tiña que ser", propuxeron a elaboración deste mural colaborativo no que se pretendía ilustrar o mínimo protagonismo que tiveron as escritoras galegas durante os 56 anos da historia deste celebración, tendo en conta que só catro mulleres foron homenaxeadas pola súa creación literaria en lingua galega desde 1963.
Este foi o resultado:
Aquí tedes o vídeo da actividade:
Celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade de gamificación co fin de axudar a 12 superheroínas do Universo Marvel a completar o "informe Antón Fraguas".
O alumnado do CEIP "Os Muíños" participou nunha actividade de gamificación co fin de axudar a doce superheroínas do Universo Marvel a completar o "Informe Antón Fraguas".
Para levar a cabo esta actividade dividiuse a todo o alumnado do centro en 12 equipos. Cada equipo estaba definido por unha cor.
A actividade consistía en que o alumnado tiña que axudar a doce superheroínas a completar o "Informa Antón Fraguas" para poder seguir formando parte do Universo Marvel.
Cada equipo recibiu un sobre no que apareía unha carta escrita pola superheroína adxudicada, onde esta lles explicaba as normas, os roles de cada un dos membros do equipo, a dinámica das actividades...Unha tarxeta identificativa onde quedaban reflectidas as súas características persoais, unha tarxeta na que debían pegar os nenos máis pequenos do grupo unhas pegatinas ao finalizar cada proba, e o informe a completar.
Unha vez lida a carta e coñecendo cada un dos roles, o alumnado tivo que descibrir o lugar onde tiña que ir resolver a primeira proba para empezar a completar o informe. Para iso a tarefa podía ser diversa: crebacabezas, resolución de problemas, lóxica, sopa de letras, xeroglíficos...
Ao rematar cada unha das probas o alumnado debía resolver a tarefa que estaba no sobre da súa cor correspondente para saber onde tiña que dirixirse para resolver a seguinte proba.
Cada equipo tivo que completar dito informe a través da busca de información oculta e da resolución de problemas así como do seguimento de pistas que lle facilitaron o movemento entre as distintas estancias do colexio.
Nesta actividade o alumnado tivo contacto coa realidade aumentada, co uso de tinta invisible, coa descodificación de mensaxes, coa busca de palabras en sopa de letras, coa resolución de crebacabezas, etc.
Unha vez que todos os grupos conseguiron completar o "Informe Antón Fraguas" cos datos biográficos requeridos, os tres primeiros grupos en finalizar a investigación, procederon a buscar tres números escondidos no ximnasio do centro. Unha vez atopados, tiveron que ordenalos de maior a menor para coñecer así os tres ultimos díxitos do ano de xubilación de Antón Fraguas. Estos números foron necesarios tamén para poder abrir o cadeado dunha caixa na que as doce superhoroínas enviaron un agasallo como agradecemento pola implicación do alumnado.
O agasallo foi o cómic "Las chicas salvan el mundo " ( Marbel. Superhéroes) para a biblioteca. Xa está catalogado e exposto na sección de cómic.
O alumnado de 6º Infantil fixo un traballo marabilloso relacionado co PDI "Muller tiña que ser". Convertéronse en reporteiros e reporteiras entrevistando a algunhas mulleres do noso colexio: Aurelia ( directora); Sandra ( cociñeira); Magdalena ( limpadora); Sandra ( mestra) e Luisa ( coidadora).
Con todos vós, os reporteiros e reporteiras de 6º de Infantil:
As reporteiras Estela e Nerea, entrevistan a Aurelia, a directora.
Os reporteiros Anxo e Max, entrevistan a Sandra, a cociñeira.
O reporteiro Antonio e a reporteira Paz, entrevistan a Magdalena, a limpadora.
As reporteiras Ana e Marina, entrevistan a Sandra, a mestra de PT.
As reporteiras Paula e Thalía, entrevistan a Luisa, a coidadora.
Este curso, unha das compoñentes do equipo de biblioteca e coordinadora de EDLG creou un club de teatro. Decidiron chamarlle "Do tres ao catro" porque participa todo o alumnado de 3º e 4º E.P.
Queren relacionar co proxecto anual a súa actividade polo que están preparando dúas obras para o festival de fin de curso.
O martes 24 de abril o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º, 4º e 5º E.P. e mestres foron a aula de 6º E.P. para desfrutar e aprender da exposición oral sobre a gaiteira Susana Seivane.
Aquí tedes o vídeo da exposición.
O mestre Paco púxose en contacto con Susana Seivane para convidala a vir ao noso colexio pero non puido ser.
O alumnado de 6º estaba ao tanto disto pero non sabía que a propia Susana Seivane tiña unha gran sorpresa para eles.