venres, 21 de decembro de 2018

Festival de Nadal 2018

O 21 de decembro celebramos o fin do trimestre co Festival de Nadal "Con nome de muller". Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros o que levamos traballado este trimestre.
Preme aquí para ver o programa de actividades.
Presentan o festival 5 alumnas do Voluntariado de lectura: Judhit, Marta, Valentina, Alba e Tatiana.
A Chiquitropa anuncia polos corredores que hoxe é un día especial.
Son os primeiros en participar coa canción "Alegría"
É a quenda de  4º - 5º Infantil que cantan e bailan unha  marabillosa canción titulada " Buscando unha estrela".
Os de 6º de Infantil xa están preparados para recitar un poema de Maruja Mallo titulado "Tú".
Continúan os de 1º e 2º E.P. que nos deleitan cunha obra de teatro inventada polo grupo: "Un pasiño pa diante, Marías".
Os de 3ºE.P. poñen ritmo a unha canción de Luz Casal que se titula: "Un pedazo de cielo".



















O alumnado de 4º E.P. cantan unha panxoliña. Inventaron eles a letra,  titúlase "Os peixes en Muxía".







Chega a quenda do alumnado de 5º E.P. que fan unha coreografía de  "Si viviéramos en el mar".
Continúa 6º E.P. cunha obra de teatro "O mellor día de reis de Ana".
Xa está preparada a orquestra do colexio ( alumnado de Infantil e Primaria) para interpretar unha versión en galego da canción de Aitana e Ana Guerra titulada "O malo".

Rematamos este festival coa actuación dos mestres. Cantan unha canción titulada "Obladí, Obladá".

xoves, 20 de decembro de 2018

Campaña expurgo "Con nome de muller"

Agradecementos a todas as familias que participaron na campaña de expurgo de Nadal. 

Á volta das vacacións de Nadal, o Voluntariado de lectura elaborou un libro cos folios de intercambio das familias. Este libro está na biblioteca no recuncho de elaboracións propias. 
Grazas!

luns, 17 de decembro de 2018

"Mamás tiñan que ser!"

O alumnado de 6º de Infantil quixeron, neste ano dedicado á muller, facerlle unha homenaxe ás súas nais por ser as mulleres máis importantes nas súas vidas.
Para levar a cabo este marabilloso proxecto contaron coa colaboración das mamás. 
"Biografías mamás"
As mamás elaboraron cadansúa biografía:
A mestra e o alumnado escolleron o cadro "Naiciña" da pintora galega Concha Vázquez para facer unha versión propia das súas "Naiciñas".
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Tamén debuxaron as "Mamás"elaborando este precioso mural. Premendo nel verás fotos da actividade.
As mamás veñen contar contos na hora de ler á aula dos seus fillos:
"Contos de nai"


Anunciamos...


luns, 10 de decembro de 2018

Tempos de Nadal

Todo o colexio (alumnado, mestres e persoal non docente) participou na elaboración da nosa árbore de Nadal "Con nome de muller".
Coas nosas mans e pintura de dedos cor malva construímos a árbore.

Na decoración participou todo o alumnado e profesorado. Cada curso decorou a súa bola debuxando cadansúa muller, o seu nome e unha breve reseña sobre a mesma. 
Aquí tedes o resultado. 
Premendo en cada bola poderedes ver fotos da actividade.
4º-5º Infantil
6º Infantil
1º-2º E.P.
 3º E.P
4º E.P
5º E.P.
6º E.P.
E listos xa para pegar as bolas na árbore.
Infantil 4º- 5º


















 6º Infantil
1º - 2º E.P.
       
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
E así luce a nosa árbore "Con nome de muller"
Bo Nadal!
Este Nadal enviamos as nosas felicitacións a varios centros educativos e asociacións.
Preme aquí

venres, 7 de decembro de 2018

Mercadiño de Nadal


Agora que se achega o Nadal, organizamos unha campaña de "intercambio" coas familias. O Mercadiño de Nadal estará aberto desde o luns, 10 de decembro, ata o mércores 19 en horario escolar. Desta volta damos tres libros a cambio dun folio ( en horizontal)  decorado co nome dunha muller importante nas vosas vidas. Eses folios pegarémolos, coa vosa axuda, na parede fronte á porta da biblioteca facendo unha árbore de Nadal "Con nome de muller". 
No caso de que algunha familia non poidan vir, pode facer o intercambio o seu fillo/a.
Agradecemos, de antemán, a vosa colaboración.