venres, 21 de decembro de 2018

Festival de Nadal 2018

O 21 de decembro celebramos o fin do trimestre co Festival de Nadal "Con nome de muller". Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros o que levamos traballado este trimestre.
Preme aquí para ver o programa de actividades.
Presentan o festival 5 alumnas do Voluntariado de lectura: Judhit, Marta, Valentina, Alba e Tatiana.
A Chiquitropa anuncia polos corredores que hoxe é un día especial.
Son os primeiros en participar coa canción "Alegría"
É a quenda de  4º - 5º Infantil que cantan e bailan unha  marabillosa canción titulada " Buscando unha estrela".
Os de 6º de Infantil xa están preparados para recitar un poema de Maruja Mallo titulado "Tú".
Continúan os de 1º e 2º E.P. que nos deleitan cunha obra de teatro inventada polo grupo: "Un pasiño pa diante, Marías".
Os de 3ºE.P. poñen ritmo a unha canción de Luz Casal que se titula: "Un pedazo de cielo".



















O alumnado de 4º E.P. cantan unha panxoliña. Inventaron eles a letra,  titúlase "Os peixes en Muxía".







Chega a quenda do alumnado de 5º E.P. que fan unha coreografía de  "Si viviéramos en el mar".
Continúa 6º E.P. cunha obra de teatro "O mellor día de reis de Ana".
Xa está preparada a orquestra do colexio ( alumnado de Infantil e Primaria) para interpretar unha versión en galego da canción de Aitana e Ana Guerra titulada "O malo".

Rematamos este festival coa actuación dos mestres. Cantan unha canción titulada "Obladí, Obladá".

Ningún comentario:

Publicar un comentario