venres, 7 de decembro de 2018

Mercadiño de Nadal


Agora que se achega o Nadal, organizamos unha campaña de "intercambio" coas familias. O Mercadiño de Nadal estará aberto desde o luns, 10 de decembro, ata o mércores 19 en horario escolar. Desta volta damos tres libros a cambio dun folio ( en horizontal)  decorado co nome dunha muller importante nas vosas vidas. Eses folios pegarémolos, coa vosa axuda, na parede fronte á porta da biblioteca facendo unha árbore de Nadal "Con nome de muller". 
No caso de que algunha familia non poidan vir, pode facer o intercambio o seu fillo/a.
Agradecemos, de antemán, a vosa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario