venres, 21 de xuño de 2019

Festival fin de curso

Chegou o día, chegou a romaría. Aquí estamos, a 21 de xuño celebrando por todo o alto o festival fin de curso 2018/19 presentado polo alumnado de 6º E.P. Ver programa AQUÍ.
Aquí mostramos as actuacións:
Inicia o festival o alumnado de 4º E.P. coa obra de teatro titulada:
 "As catro cirurxiás cortan polo san" 
Continuamos cun baile de ritmos latinos
( actividade extraescolar zumba)
Lucas, alumno de 6º E.P. interpreta ao piano
"Claro de luna" de Beethoven.
Valentina, alumna de 5º E.P. interpreta ao piano 
"Nivole bianche" de Ludivico Einaudi.
Volve o Club de teatro, neste caso o alumnado de 3º E.P. coa obra
"Rosiña non quere ser carapuchiña"
O alumnado de 6º E.P.  despídese cunha fermosa coreografía e entrega uns agasallos aos mestres.
 Mix Havana-Power 
Chegou o momento tan ansiado por todo o alumnado, saber cal foi o equipo gañador da "Xincana en feminino" e entrega de agasallos.
Equipo gañador. "Laranxas"

Damos a despedida a este curso en feminino coa a actuación da 
orquestra do colexio "Os Muiñeiros" que nos deleitan cunha versión propia da 
"Muiñeira de Chantada"
BO VERÁN!
😎

xoves, 20 de xuño de 2019

Xornada de portas abertas "Muller tiña que ser"

O xoves 20 de xuño ás 11.00h. o CEIP "Os Muíños" abre as portas ás familias co fin de que coñezan de primeira man o proxecto documental integrado deste curso "Muller tiña que ser".
Nesta xornada, o alumnado de 6º E.P. comentou as vantaxes de traballar toda a comunidade educativa sobre un proxecto común e fixo un resumo de todas as actividades a través dos distintos paneis expostos polos corredores do colexio elaborados polo alumnado e mestres. 
Tanto para o alumnado de 6º coma para as familias foi unha experiencia moi enriquecedora, polo que pensamos repetir a actividade o vindeiro curso escolar.
Aquí tedes o vídeo da actividade:

martes, 11 de xuño de 2019

Xincana en feminino "Muller tiña que ser"

O martes 11 de xuño, alumnado e mestres participaron na "Xincana en feminino", última parte do PDI "Muller tiña que ser". 
Nada máis chegar ao cole, o alumnado subiu ás aulas para vestir as camisetas que preparou o equipo de biblioteca e baixou ao vestíbulo. Aquí, o tribunal foi chamando a cada un dos membros dos sete equipos para organizar os grupos.
Participan na xincana 7 equipos de 16 e 17 nenos e nenas de todos os niveis de Infantil e Primaria. Cada equipo ten unha capitana ( alumnas de 6º E.P.) e está definido por unha cor.
"Amarelos"
 "Azuis"
 "Laranxas"
 "Violetas"
 "Rosas"
 "Verdes"
 "Vermellos"
Unha vez formados os grupos xuntáronse todos no ximnasio, ocupando o primeiro lugar a capitana de cada equipo. O tribunal fixo un pequeno resumo da actividade e entregou unha carpeta a cada unha das capitanas. A carpeta contén tres documentos: nome de cada un dos membros do equipo, pistas e control de rutas. Este último documento ten que entregalo cada capitana ao mestre representante de cada unha das rutas








Empezou o xogo que consistiu en seguir as pistas para chegar ás rutas e alí resolver dúas probas relacionadas coas exposicións orais sobre as sete mulleres protagonistas do proxecto. Unha vez finalizado o percorrido das rutas, a capitana de cada grupo entregou a carpeta ao tribunal que revisará cada un dos controis de rutas para determinar o equipo gañador. 
                     Aquí tedes o vídeo resumo da actividade.

Xa falta pouco para saber cal é o equipo gañador. Recordade que será na festa de fin de curso.
Sorte!

mércores, 5 de xuño de 2019

Control de rutas

A capitana de cada equipo ten que entregar ao mestre representante de cada ruta este documento que se chama "Control de rutas". Unha vez cuberto polo mestre, gárdase de novo na carpeta para entregala ao tribunal cando remate o percorrido das sete rutas.


Grupos "Xincana en feminino"

Unha xincana é un xogo colectivo no que as persoas divídense en grupos e competen entre si. A nosa consta de 7 grupos de 15/16 nenos e nenas. Os grupos van numerados e levan nome de cor.
Grupos "Xincana en feminino"





Rutas "Xincana musical"

A "Xincana en feminino" ten un percorrido de sete rutas que os grupos teñen que adiviñar seguindo unhas determinadas pistas. En cada ruta faranse dúas probas relacionadas coas sete mulleres protagonistas do proxecto que terán que resolverse nun tempo máximo de 5 minutos cada unha ( dez minutos/ruta).

Ruta "As Letras"
Ruta "Óleo"
Ruta "Reloxo"
Ruta "Pop-rock"

Ruta "Arte"

Ruta "Ciencia"
Ruta "Son"

Pistas ( "Xincana en feminino")



Explicación "Xincana en feminino"

mércores, 29 de maio de 2019

Materiais "Xincana en feminino"

O Voluntariado axudou na elaboración dalgúns dos materiais da xincana. 
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.

venres, 17 de maio de 2019

Mural colaborativo Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Galegos de Rosalía de Castro.
O EDL en coordinación co equipo de biblioteca, tendo en consideración o PDI "Muller tiña que ser", propuxeron a elaboración deste mural colaborativo no que se pretendía ilustrar o mínimo protagonismo que tiveron as escritoras galegas durante os 56 anos da historia deste celebración, tendo en conta que só catro mulleres foron homenaxeadas pola súa creación literaria en lingua galega desde 1963. 
Este foi o resultado:
Aquí tedes o vídeo da actividade:

Celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade de gamificación co fin de axudar a 12 superheroínas do Universo Marvel a completar o "informe Antón Fraguas". 
Para ver a actividade preme AQUÍ

xoves, 16 de maio de 2019

Celebración Día das Letras Galegas 2019

O alumnado do CEIP "Os Muíños" participou nunha actividade de gamificación co fin de axudar a doce superheroínas do Universo Marvel a completar o "Informe Antón Fraguas".
Para levar a cabo esta actividade dividiuse a todo o alumnado do centro en 12 equipos. Cada equipo estaba definido por unha cor. 
A actividade consistía en que o alumnado tiña que axudar a doce superheroínas a completar o "Informa Antón Fraguas" para poder seguir formando parte do Universo Marvel.

Cada equipo recibiu un sobre no que apareía unha carta escrita pola superheroína adxudicada, onde esta lles explicaba as normas, os roles de cada un dos membros do equipo, a dinámica das actividades...Unha tarxeta identificativa onde quedaban reflectidas as súas características persoais, unha tarxeta na que debían pegar os nenos máis pequenos do grupo unhas pegatinas ao finalizar cada proba, e o informe a completar.
Unha vez lida a carta e coñecendo cada un dos roles, o alumnado tivo que descibrir o lugar onde tiña que ir resolver a primeira proba para empezar a completar o informe. Para iso a tarefa podía ser diversa: crebacabezas, resolución de problemas, lóxica, sopa de letras, xeroglíficos...
Ao rematar cada unha das probas o alumnado debía resolver a tarefa que estaba no sobre da súa cor correspondente para saber onde tiña que dirixirse para resolver a seguinte proba.
Cada equipo tivo que completar dito informe a través da busca de información oculta e da resolución de problemas así como do seguimento de pistas que lle facilitaron o movemento entre as distintas estancias do colexio. 
Nesta actividade o alumnado tivo contacto coa realidade aumentada, co uso de tinta invisible, coa descodificación de mensaxes, coa busca de palabras en sopa de letras, coa resolución de crebacabezas, etc.
Unha vez que todos os grupos conseguiron completar o "Informe Antón Fraguas" cos datos biográficos requeridos, os tres primeiros grupos en finalizar a investigación, procederon a buscar tres números escondidos no ximnasio do centro. Unha vez atopados, tiveron que ordenalos de maior a menor para coñecer así os tres ultimos díxitos do ano de xubilación de Antón Fraguas. Estos números foron necesarios tamén para poder abrir o cadeado dunha caixa na que as doce superhoroínas enviaron un agasallo como agradecemento pola implicación do alumnado.
O agasallo foi o cómic "Las chicas salvan el mundo " ( Marbel. Superhéroes) para a biblioteca. Xa está catalogado e exposto na sección de cómic.
Aquí tedes o vídeo da actividade:

martes, 30 de abril de 2019

Reporteiros e reporteiras de 6º Infantil

O alumnado de 6º Infantil fixo un traballo marabilloso relacionado co PDI "Muller tiña que ser". Convertéronse en reporteiros e reporteiras entrevistando a algunhas mulleres do noso colexio: Aurelia ( directora); Sandra ( cociñeira); Magdalena ( limpadora); Sandra ( mestra) e Luisa ( coidadora).
Con todos vós, os reporteiros e reporteiras de 6º de Infantil:
As reporteiras Estela e Nerea, entrevistan a Aurelia, a directora. 
Os reporteiros Anxo e Max, entrevistan a Sandra, a cociñeira.
O reporteiro Antonio e a reporteira Paz, entrevistan a Magdalena, a limpadora.
As reporteiras Ana e Marina, entrevistan a Sandra, a mestra de PT.
As reporteiras Paula e Thalía, entrevistan a Luisa, a coidadora.
E aquí rematan as entrevistas...

Club de teatro "Do tres ao catro"

Este curso, unha das compoñentes do equipo de biblioteca e coordinadora de EDLG creou un club de teatro. Decidiron chamarlle "Do tres ao catro" porque participa todo o alumnado de 3º e 4º E.P. 
Queren relacionar co proxecto anual a súa actividade polo que están preparando dúas obras para o festival de fin de curso.  
O alumnado de 3º E.P. está preparando a obra 
"Rosiña non quere ser carapuchiña". 

O alumnado de 4º: "As catro cirurxiás"

mércores, 24 de abril de 2019

Exposición oral sobre Susana Seivane








O martes 24 de abril o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º, 4º e 5º E.P. e mestres foron a aula de 6º E.P.  para desfrutar e aprender da exposición oral sobre a gaiteira Susana Seivane.

Aquí tedes o vídeo da exposición.
O mestre Paco púxose en contacto con Susana Seivane para convidala a vir ao noso colexio pero non puido ser.
O alumnado de 6º estaba ao tanto disto pero non sabía que a propia Susana Seivane tiña unha gran sorpresa para eles.
Botade unha ollada!

martes, 23 de abril de 2019

En abril, sabores mil

O comedor do noso colexio quixo sumarse, como xa é habitual, á celebración do Día do Libro preparando un delicioso menú. Todos os 23 de abril, preparan un menú relacionado coa lectura do maratón e decoran o comedor acorde o proxecto anual.


Celebración Día do Libro na biblioteca

O martes 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro na biblioteca.
Para desfrutar deste día, nada mellor que ler e como todos os anos, fixemos un gran maratón de lectura no que participou o alumnado, mestres, Voluntariado e familias. 



A lectura protagonista foi "Pipi mediaslongas". Escollemos este libro porque a estrela é unha nena ( PDI "Muller tiña que ser") e por estar editado en galego ( EDL).
Desfrutamos e gozamos das aventuras e extravagancias desta nena rebelde, simpática e extrovertida. 
Pasamos todos pola biblioteca, uns lendo e outros escoitando. 
O programa AQUÍ
Con Pippi, a lectura é... unha grande aventura!
De 10.30 a 10.50h. le o alumnado de 6º Infantil, a mestra e Margarita ( a nai de Marina). Escoita 1º-2º E.P.
De 10.50 a 11.10h le 1º e 2º E.P. Escoita 6º Infantil.

De 11.10 a 11.30h le o alumnado de 6º E.P. e o seu mestre Paco. Escoita o alumnado de 5º E.P.
De 11.30 a 11.50h le o alumnado de 5º E.P. Escoita 6º E.P.

De 12.15 a 12.35h le 3º E.P. Escoita 1º-2º E.P.
De 12.35 a 12.55h le Aurelia, a nosa directora, e Xanxo, o mestre de 3ºE.P. Escoita o alumnado de 3º E.P.

Na Hora de Ler xuntámonos todos na biblioteca para a entrega dos diplomas e escoitar ó alumnado do Voluntariado que tiña preparada unha sorpresa.
Entrega de diplomas:
A máis "leona" de 2º ciclo, por tantas lecturas na biblioteca.
Yanira ( 3º E.P.)
A máis "leona" de 3º ciclo, por tantas lecturas na biblioteca.
Johana ( 6º E.P.)
A máis lectora do recuncho "Vaille co conto a..."
Zaira ( 5º E.P.)
A máis "Viaxeira", a que máis libros levou para ler na casa:
Silvia ( 6º E.P.)
A mestras máis lectoras do recuncho "Canto conto ten o profe":
Aurelia ( 4º E.P.)
María ( mestra de Inglés)
As familias máis lectoras do recuncho "Mulleres de conto":
Barca e Lucía, avoa e irmán de Claudia ( 1º E.P.)
Margarita, a nai de Marina ( 6º Infantil)
Ana, a nai de Pedro e Diego ( 1º-2º E.P.) participou lendo en "Mulleres de conto" e escoitando no recuncho lector "Vaille co conto a...)
Susana, a nai de Lino ( 5º E.P.) participou escoitando no recuncho lector "Vaille co conto a..."
O Voluntariado participou neste acto elaborando un mural e inventado unha canción. 
Preme nas imaxes para ver as actividades.
Despois desta pausa, continuamos co maratón de lectura...
De 14.55 a 15.15h. le Ana ( nai de Pedro e Diego); Tilucha ( avoa de María ) e Fita ( mestra de Relixión). Escoita 4º E.P., 1ºE.P. e Infantil.
Remata este maratón ás 15.45h. Le o alumnado de 4º E.P. Escoita 4º-5º Infantil.

O noso agradecemento ao alumnado, mestres, Voluntariado e  familias, sempre, por tanto.