mércores, 27 de marzo de 2019

Pequenos grandes artistas

O alumnado de 6º Infantil saben moito sobre a pintora surrealista Maruja Mallo, considerada como artista da xeración de 1927.  Coñecen moi ben a súa biografía.
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Contaxiáronse da súa arte, convertíndose en grandes pintores.
Como artistas que son, fixeron unha gran exposición, versionando  algúns dos cadros da pintora. Para a súa realización utilizaron distintas técnicas plásticas.
Preme en cada unha das imaxes para ver fotos da actividade.
"RACIMO DE UVAS"
(plastilina)
"CONCORDE"
(Lapis de cores)
"TRAZADO"
(Rotuladores)
"LA CIERVA HUMANA"
(Ceras duras)
"RETRATO"
(Ceras brandas)
"AIRAGU"
(Acuarelas)
"CABEZA DE MUJER"
( Ceras duras, ceras brandas,collage e témperas)

venres, 22 de marzo de 2019

A voz da muller

Este curso o noso centro participou por primeira vez no programa promovido pola Voz de Galicia Prensa escola. Inscribiuse neste programa o alumnado de 5º E.P
Co fin de poder relacionar esta actividade co PDI "Muller tiña que ser", o equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG, EAE e o titor de 5º E.P. decidiron elaborar un proxecto titulado "A Voz da Muller".
Realizan este proxecto todos os mércores, na Hora de Ler. 
A actividade consiste en ler a prensa; buscar e seleccionar novas na que a muller é protagonista. Unha vez teñen a información, tradúcenna ao galego nunha plantilla elaborada polo mestre. 
Cando rematan o traballo, péganno nun gran mural que hai preto do recuncho lector da biblioteca. 
Preme na imaxe para ver fotos da actividade. 
Resultado do proxecto






Aquí tedes todos os traballos elaborados polo alumnado:
O equipo de biblioteca, EDL, EAE e Voluntariado axudaron neste proxecto, elaborando o mural e aportando ideas. 
Para ver fotos da actividade, preme na imaxe.

xoves, 21 de marzo de 2019

Día da Poesía, 21 de marzo

Alumnado, mestres e familias xuntámonos na biblioteca o 21 de marzo para conmemorar xuntos o Día Mundial da Poesía, que este curso quixemos relacionalo co PDI "Muller tiña que ser!"

"Versos de muller" é o nome que escollemos para esta celebración por dúas razóns: por unha banda cada curso creou un poema propio que fala da súa muller e por outra, todos os poemas recitados foron escritos por poetisas. 
O Voluntariado, como xa é habitual, presentou a actividade.
Inicia o acto o alumnado de 4º e 5º Infantil co seu poema
 "Rosalía, ía, ía"
Continúa 6º de Infantil coa súa creación
"Maruja Mallo, libre e xenial"
Agora recita Ana, a nai de Pedro e Diego, que escolleu o poema de Montse Varela, titulado
"Gato, gato"
Chegou a quenda do alumnado de 1º e 2º, co seu poema
 “Ao mal tempo, boa cara” 
Tilucha, a avoa de María de Infantil vainos contar un conto sobre dous nenos e a Primavera.
E agora veñen os de terceiro co seu poema 
“A Luz de Galicia”
Contabamos con Isabel, mestra moi querida neste centro, que se xubilou o curso pasado. Non puido compartir este momento connosco por motivos de saúde pero tivo a marabillosa idea de gravar o poema que ía recitar. 
Así que, na súa voz, escoitamos unha adaptación ao galego do poema de Juana Corsina,
 titulado "Muller".
O alumnado de 4º vainos recitar o seu poema
"Mans de artesá"
Cristina, a nai de Bruno, tamén quixo ser protagonista neste acto. Escolleu a Ana María Fernández co seu poema 
"Tres voltas ao planeta"

Agora tócalle recitar ao alumnado de 5º que inventou un poema titulado:"Muller loitadora"
Estamos encantados de ter aquí á nosa Carmen, conserxe xubilada o curso pasado, que nos vai recitar un poema propio. Titúlase: "Elas. Anónimas. Caladiñas"
O alumnado de 6º recita o seu poema 
"A gaiteira Susana"
Damos fin a esta celebración coa entrega de diplomas do concurso de Poesía e un pequeno agasallo para todas as familias participantes.
Remata o voluntariado agradecendo a colaboración de todas as persoas que fixeron que isto fora posible.
Feliz día da Poesía
desde Os Muíños
con alegría.

luns, 18 de marzo de 2019

Recuncho de lecturas de poesía en feminino, singular.

No recuncho lector tedes un montón de libros de poesía escritos por poetisas: Ana María Fernández, Rosalía de Castro, Amparo Gómez, María Isabel Sánchez, Amalia Pérez, María Canosa, Concha Blanco, Yolanda Castaño, Gloria Fuertes, María Lado, María Maríño...

venres, 15 de marzo de 2019

Versos de muller

Falta pouco para o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, e cada curso inventou un poema relacionado coas mulleres protagonistas do PDI deste curso. 
Con todos os poemas elaboramos un mural que titulamos: "Versos de muller". 
Premendo no mural verás fotos da actividade.
4º - 5º Infantil: 
"Rosalía, ía, ía, ía"
6º Infantil: 
"Maruja Mallo, libre e xenial"
1º 2º E.P.: 
"Ao mal tempo, boa cara"
3º E.P.: 
"A luz de Galicia"

















4º E.P.:
 "Mans de artesá"
5º E.P.:
 "Muller loitadora"
6º E.P.: 
"A gaiteira Susana"

Gañadores Concurso de lectura de Poesía "Versos de muller"


No Concurso de poesía en voz alta "Versos de muller" houbo un total de 31 participantes.


















O equipo de biblioteca, despois de moito deliberar, decidíu que os gañadores do concurso son:
1º ciclo: Daniel Rivadulla Gómez
2º ciclo: Luc Pinzón Soto
3º ciclo: Valentina Rey Sánchez
A entrega de premios será o 21 de marzo, na Festa da Poesía "Versos de muller"
Moitas grazas a todos por participar.
Noraboa a todos os premiados!

xoves, 14 de marzo de 2019

Concurso de lectura de poesía "Versos de muller"

Como xa é habitual no mes de marzo, mes da poesía, a biblioteca convoca un concurso de lectura de poesía que este curso denominamos "Versos de muller" porque os poemas que se van recitar son da poeta  Ana María Fernández Martínez. 

Houbo 31 participantes. 
Así recitaron...

venres, 8 de marzo de 2019

8 de marzo, Día Internacional da Muller

O venres 8 de marzo celebramos no noso cole o Día Internacional da muller. 
Contamos, como xa é habitual, coa axuda do Voluntariado que estiveron encantados de colaborar presentando a actividade. 
O noso agradecemento a Brais, Yasmín, Damián, Zaira e Paula
Iniciamos o acto desfrutando do vídeo que elaborou a mestra de 4º e 5º de Infantil co seu alumnado: 
"Grazas por..."
A continuación, tivemos o gusto de escoitar a marabillosa voz dunha exalumna do centro que quixo compartir connosco este momento. Saray Riveiro, que agora cursa 2º da ESO no instituto de Muxía, cantou acompañando co teclado, a canción "Stay with me". 
O alumnado participante no concurso de carteis do 8 marzo informounos da súa elaboración. 

O alumnado de 6º E.P. dou remate a esta celebración cunha versión en galego e en lingua de signos da canción de Rozalen e Estopa:
"Vivir"
Agradecementos a todos os que fixeron que isto fora posible.

Neste vídeo tedes o resultado xeral da actividade:

xoves, 7 de marzo de 2019

Anunciamos...



O CEIP Os Muíños desexa un feliz 8 de marzo.
Botade unha ollada a este marabilloso vídeo creado por María, a mestra de 4º- 5º Infantil.
Avoas, nais, netas, sobriñas...o día 8 de marzo é o voso día.
GRAZAS POR...


Feminista!

O Voluntariado de 6º E.P. fixo equipo para elaborar nos recreos da mañá na biblioteca, un mural para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.  Titulárono: "Feminista"
















Preme na imaxe para ver fotos da actividade:


luns, 4 de marzo de 2019

Camiñemos cara a igualdade!

Seis alumnos/as de 6º E.P. da materia de Valores Sociais e Cívicos (Raúl, Yurena, Hugo, Lucas, Sara e Marta) e a mestra de inglés ( Coordinadora de EDL) participaron no concurso do cartel do día 8 de marzo "Día Internacional da Muller" convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
No mes de febreiro elaboraron este cartel e nel quixeron reflectir o camiño cara a igualdade de homes e mulleres. 
Para ver fotos da actividade, preme na imaxe.
Para a súa elaboración levaron a cabo unha tormenta de ideas sobre o que normalmente se asocia á muller e ao home respecto do fogar, ás cores, á vestimenta...
Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como se pode observar no cartel, a muller leva na súa mochila certas cargas  asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou da lavadora.
Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de pescar, o xornal, o televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e unha bombilla xa que é el normalmente, o encargado dos arranxos eléctricos, o que parece que ten o poder económico e tamén o que se pode divertir ou descansar.
Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa mochila unha boneca, un coche e unha pelota.
Ademais, quixeron reflectir o mundo das cores a partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero. 
"Camiñemos cara a igualdade!"