Alumnado, mestres e familias xuntámonos na biblioteca o 21 de marzo para conmemorar xuntos o Día Mundial da Poesía, que este curso quixemos relacionalo co PDI "Muller tiña que ser!"
"Versos de muller" é o nome que escollemos para esta celebración por dúas razóns: por unha banda cada curso creou un poema propio que fala da súa muller e por outra, todos os poemas recitados foron escritos por poetisas.
O Voluntariado, como xa é habitual, presentou a actividade.
Inicia o acto o alumnado de 4º e 5º Infantil co seu poema
"Rosalía, ía, ía"
Continúa 6º de Infantil coa súa creación
"Maruja Mallo, libre e xenial"
Agora recita Ana, a nai de Pedro e Diego, que escolleu o poema de Montse Varela, titulado
"Gato, gato"
Chegou a quenda do alumnado de 1º e 2º, co seu poema
“Ao mal tempo, boa cara”
Tilucha, a avoa de María de Infantil vainos contar un conto sobre dous nenos e a Primavera.
E agora veñen os de terceiro co seu poema
“A Luz de Galicia”
Contabamos con Isabel, mestra moi querida neste centro, que se xubilou o curso pasado. Non puido compartir este momento connosco por motivos de saúde pero tivo a marabillosa idea de gravar o poema que ía recitar.
Así que, na súa voz, escoitamos unha adaptación ao galego do poema de Juana Corsina,
titulado "Muller".
O alumnado de 4º vainos recitar o seu poema
"Mans de artesá"
Cristina, a nai de Bruno, tamén quixo ser protagonista neste acto. Escolleu a Ana María Fernández co seu poema
"Tres voltas ao planeta"
Agora tócalle recitar ao alumnado de 5º que inventou un poema titulado:"Muller loitadora"
Estamos encantados de ter aquí á nosa Carmen, conserxe xubilada o curso pasado, que nos vai recitar un poema propio. Titúlase: "Elas. Anónimas. Caladiñas"
O alumnado de 6º recita o seu poema
"A gaiteira Susana"
Damos fin a esta celebración coa entrega de diplomas do concurso de Poesía e un pequeno agasallo para todas as familias participantes.
Remata o voluntariado agradecendo a colaboración de todas as persoas que fixeron que isto fora posible.
Feliz día da Poesía
desde Os Muíños
con alegría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario