Para ver fotos da actividade, preme na imaxe.
Para a súa elaboración levaron a cabo unha tormenta de ideas sobre o que normalmente se asocia á muller e ao home respecto do fogar, ás cores, á vestimenta...
Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como se pode observar no cartel, a muller leva na súa mochila certas cargas asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou da lavadora.
Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de pescar, o xornal, o televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e unha bombilla xa que é el normalmente, o encargado dos arranxos eléctricos, o que parece que ten o poder económico e tamén o que se pode divertir ou descansar.
Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa mochila unha boneca, un coche e unha pelota.
Ademais, quixeron reflectir o mundo das cores a partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero.
"Camiñemos cara a igualdade!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario