O luns 8 de abril o alumnado de 4º- 5º e 6º E.P. e mestres foron á aula de 1º e 2º para desfrutar e aprender da exposición oral sobre as populares personaxes Coralia e Maruxa moi coñecidas como "As Marías".
O mércores 10 foi a quenda do alumnado de Infantil e 3º E.P.
O alumnado quixo invitar ás familias que estiveron encantadas de vir o venres 12 pola tarde. Gustoulles moito o teatro de sombras e polo que comentaron, foron cunha idea clara do que foi a vida de Maruxa e Coralia.
Aquí tedes o vídeo da exposición:
Ao remate da exposición o alumnado de 1º e 2º E.P. agasallou a todos os cursos cun libro de teatro escrito e ilustrado por eles titulado "Ao mal tempo, boa cara". Na biblioteca tamén hai un no recuncho de elaboracións propias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario