luns, 4 de marzo de 2019

Camiñemos cara a igualdade!

Seis alumnos/as de 6º E.P. da materia de Valores Sociais e Cívicos (Raúl, Yurena, Hugo, Lucas, Sara e Marta) e a mestra de inglés ( Coordinadora de EDL) participaron no concurso do cartel do día 8 de marzo "Día Internacional da Muller" convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
No mes de febreiro elaboraron este cartel e nel quixeron reflectir o camiño cara a igualdade de homes e mulleres. 
Para ver fotos da actividade, preme na imaxe.
Para a súa elaboración levaron a cabo unha tormenta de ideas sobre o que normalmente se asocia á muller e ao home respecto do fogar, ás cores, á vestimenta...
Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como se pode observar no cartel, a muller leva na súa mochila certas cargas  asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou da lavadora.
Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de pescar, o xornal, o televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e unha bombilla xa que é el normalmente, o encargado dos arranxos eléctricos, o que parece que ten o poder económico e tamén o que se pode divertir ou descansar.
Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa mochila unha boneca, un coche e unha pelota.
Ademais, quixeron reflectir o mundo das cores a partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero. 
"Camiñemos cara a igualdade!"

venres, 1 de marzo de 2019

Festival de entroido: "Mulleres sen máscara"

Continuamos con "Muller tiña que ser" neste festival de entroido "Mulleres sen máscara" que celebramos o 1 de marzo.
Momentos antes do festival, preparando vestiario, ensaiando...
PREPARADOS...
4º- 5º Infantil: Rosalía de Castro
6º Infantil: Maruja Mallo
1º-2º E.P.: As Marías 
3º E.P.: Luz Casal
4º E.P.: Viki Rivadulla
5º E.P.: Ángeles Alvariño
6º E.P.: Susana Seivane
Chegou o ansiado momento...
LISTOS...
 Empeza a función...
XA!
4º-5ºInfantil: 
"Rosalía rapea"
6º Infantil:
 "O entroido vai comezar"
1º e 2º E.P.: 
"As Marías, yes, yes"
3º E.P.: 
"Teño un micro amarelo"

4º E.P.: 
"Cantiga das peixeiras"
5º E.P.: 
Desfile Ángeles Alvariño
6º E.P.: 
 "Supermulleres"

venres, 22 de febreiro de 2019

Así conmemoramos o Día de Rosalía

Aquí estamos conmemorando o Día de Rosalía e este curso quixemos facelo dunha maneira especial porque é unha das mulleres protagonistas do PDI. 
Para festexar este día, o equipo de biblioteca e EDL escolleu o poema "Negra sombra" por ser un dos máis coñecidos de Rosalía de Castro publicado no seu libro Follas novas.
Elaboramos "a negra sombra" coa axuda, coma sempre, do Voluntariado. 
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Como este ano coincidiu en domingo, nós celebrámolo o venres 22 na biblioteca, dando remate á semana dedicada á escritora galega.
E así foi...
Iniciou o acto o club de lectura de 5º e 6º "Papalibros" contándonos algunhas cousas importantes sobre a escritora.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º E.P. coa axuda do profesorado escribiu e ilustrou cada unha das estrofas do poema. 
Preme en cada unha das imaxes se queres ver fotos da actividade.
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
Recitaron cadansúa estrofa e pegáronas no mural.
Así luce a Negra sombra:
O poema, musicado por Xoán Montes Capón, converteuse nunha das cancións máis emblemáticas da música galega. 
Fixéronse moitas versións deste tema, nós eliximos a de Luz Casal por ser outra das protagonistas do PDI.
Rematamos este acto musicando o poema cunha versión propia. A mestra de PT, Mari, pon a voz e a de música, María José,  acompaña co teclado.
Nos Muíños, Rosalía,
un anaco da súa alma,
un anaco de poesía.

xoves, 21 de febreiro de 2019

Nos Muíños, Rosalía...



A semana do 18 ao 22 de febreiro foi dedicada a Rosalía de Castro, protagonista deste curso escolar no PDI "Muller tiña que ser!"
No recuncho da entrada da biblioteca desfrutamos lendo os seus poemas.

Preme na imaxe se queres ver fotos da actividade.
Desde a biblioteca, propúxose unha actividade para o alumnado que consistía en escoller poemas da autora e escribilos nun mural.
Aquí tedes o vídeo da actividade. 
.
Este foi o resultado final: