venres, 15 de marzo de 2019

Gañadores Concurso de lectura de Poesía "Versos de muller"


No Concurso de poesía en voz alta "Versos de muller" houbo un total de 31 participantes.


















O equipo de biblioteca, despois de moito deliberar, decidíu que os gañadores do concurso son:
1º ciclo: Daniel Rivadulla Gómez
2º ciclo: Luc Pinzón Soto
3º ciclo: Valentina Rey Sánchez
A entrega de premios será o 21 de marzo, na Festa da Poesía "Versos de muller"
Moitas grazas a todos por participar.
Noraboa a todos os premiados!

xoves, 14 de marzo de 2019

Concurso de lectura de poesía "Versos de muller"

Como xa é habitual no mes de marzo, mes da poesía, a biblioteca convoca un concurso de lectura de poesía que este curso denominamos "Versos de muller" porque os poemas que se van recitar son da poeta  Ana María Fernández Martínez. 

Houbo 31 participantes. 
Así recitaron...

venres, 8 de marzo de 2019

8 de marzo, Día Internacional da Muller

O venres 8 de marzo celebramos no noso cole o Día Internacional da muller. 
Contamos, como xa é habitual, coa axuda do Voluntariado que estiveron encantados de colaborar presentando a actividade. 
O noso agradecemento a Brais, Yasmín, Damián, Zaira e Paula
Iniciamos o acto desfrutando do vídeo que elaborou a mestra de 4º e 5º de Infantil co seu alumnado: 
"Grazas por..."
A continuación, tivemos o gusto de escoitar a marabillosa voz dunha exalumna do centro que quixo compartir connosco este momento. Saray Riveiro, que agora cursa 2º da ESO no instituto de Muxía, cantou acompañando co teclado, a canción "Stay with me". 
O alumnado participante no concurso de carteis do 8 marzo informounos da súa elaboración. 

O alumnado de 6º E.P. dou remate a esta celebración cunha versión en galego e en lingua de signos da canción de Rozalen e Estopa:
"Vivir"
Agradecementos a todos os que fixeron que isto fora posible.

Neste vídeo tedes o resultado xeral da actividade:

xoves, 7 de marzo de 2019

Anunciamos...



O CEIP Os Muíños desexa un feliz 8 de marzo.
Botade unha ollada a este marabilloso vídeo creado por María, a mestra de 4º- 5º Infantil.
Avoas, nais, netas, sobriñas...o día 8 de marzo é o voso día.
GRAZAS POR...


Feminista!

O Voluntariado de 6º E.P. fixo equipo para elaborar nos recreos da mañá na biblioteca, un mural para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.  Titulárono: "Feminista"
















Preme na imaxe para ver fotos da actividade:


luns, 4 de marzo de 2019

Camiñemos cara a igualdade!

Seis alumnos/as de 6º E.P. da materia de Valores Sociais e Cívicos (Raúl, Yurena, Hugo, Lucas, Sara e Marta) e a mestra de inglés ( Coordinadora de EDL) participaron no concurso do cartel do día 8 de marzo "Día Internacional da Muller" convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
No mes de febreiro elaboraron este cartel e nel quixeron reflectir o camiño cara a igualdade de homes e mulleres. 
Para ver fotos da actividade, preme na imaxe.
Para a súa elaboración levaron a cabo unha tormenta de ideas sobre o que normalmente se asocia á muller e ao home respecto do fogar, ás cores, á vestimenta...
Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como se pode observar no cartel, a muller leva na súa mochila certas cargas  asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou da lavadora.
Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de pescar, o xornal, o televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e unha bombilla xa que é el normalmente, o encargado dos arranxos eléctricos, o que parece que ten o poder económico e tamén o que se pode divertir ou descansar.
Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa mochila unha boneca, un coche e unha pelota.
Ademais, quixeron reflectir o mundo das cores a partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero. 
"Camiñemos cara a igualdade!"

venres, 1 de marzo de 2019

Festival de entroido: "Mulleres sen máscara"

Continuamos con "Muller tiña que ser" neste festival de entroido "Mulleres sen máscara" que celebramos o 1 de marzo.
Momentos antes do festival, preparando vestiario, ensaiando...
PREPARADOS...
4º- 5º Infantil: Rosalía de Castro
6º Infantil: Maruja Mallo
1º-2º E.P.: As Marías 
3º E.P.: Luz Casal
4º E.P.: Viki Rivadulla
5º E.P.: Ángeles Alvariño
6º E.P.: Susana Seivane
Chegou o ansiado momento...
LISTOS...
 Empeza a función...
XA!
4º-5ºInfantil: 
"Rosalía rapea"
6º Infantil:
 "O entroido vai comezar"
1º e 2º E.P.: 
"As Marías, yes, yes"
3º E.P.: 
"Teño un micro amarelo"

4º E.P.: 
"Cantiga das peixeiras"
5º E.P.: 
Desfile Ángeles Alvariño
6º E.P.: 
 "Supermulleres"