Damos remate a este trimestre coas exposicións orais do PDI "Muller tiña que ser". Todos os cursos invitan ó resto dos grupos e familias para contarlles sobre o que investigaron das mulleres protagonistas deste proxecto.
O alumnado de 6º Infantil saben moito sobre a pintora surrealista Maruja Mallo, considerada como artista da xeración de 1927. Coñecen moi ben a súa biografía.
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Contaxiáronse da súa arte, convertíndose en grandes pintores.
Como artistas que son, fixeron unha gran exposición, versionando algúns dos cadros da pintora. Para a súa realización utilizaron distintas técnicas plásticas.
Preme en cada unha das imaxes para ver fotos da actividade.
"RACIMO DE UVAS"
(plastilina)
"CONCORDE"
(Lapis de cores)
"TRAZADO"
(Rotuladores)
"LA CIERVA HUMANA" (Ceras duras)
"RETRATO" (Ceras brandas)
"AIRAGU" (Acuarelas)
"CABEZA DE MUJER" ( Ceras duras, ceras brandas,collage e témperas)
Este curso o noso centro participou por primeira vez no programa promovido pola Voz de Galicia Prensa escola. Inscribiuse neste programa o alumnado de 5º E.P. Co fin de poder relacionar esta actividade co PDI "Muller tiña que ser", o equipo de Biblioteca en colaboración co EDLG, EAE e o titor de 5º E.P. decidiron elaborar un proxecto titulado "A Voz da Muller".
Realizan este proxecto todos os mércores, na Hora de Ler.
A actividade consiste en ler a prensa; buscar e seleccionar novas na que a muller é protagonista. Unha vez teñen a información, tradúcenna ao galego nunha plantilla elaborada polo mestre.
Cando rematan o traballo, péganno nun gran mural que hai preto do recuncho lector da biblioteca.
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Resultado do proxecto
Aquí tedes todos os traballos elaborados polo alumnado:
O equipo de biblioteca, EDL, EAE e Voluntariado axudaron neste proxecto, elaborando o mural e aportando ideas.
Alumnado, mestres e familias xuntámonos na biblioteca o 21 de marzo para conmemorar xuntos o Día Mundial da Poesía, que este curso quixemos relacionalo co PDI "Muller tiña que ser!"
"Versos de muller" é o nome que escollemos para esta celebración por dúas razóns: por unha banda cada curso creou un poema propio que fala da súa muller e por outra, todos os poemas recitados foron escritos por poetisas.
O Voluntariado, como xa é habitual, presentou a actividade.
Inicia o acto o alumnado de 4º e 5º Infantil co seu poema
"Rosalía, ía, ía"
Continúa 6º de Infantil coa súa creación
"Maruja Mallo, libre e xenial"
Agora recita Ana, a nai de Pedro e Diego, que escolleu o poema de Montse Varela, titulado
"Gato, gato"
Chegou a quenda do alumnado de 1º e 2º, co seu poema
“Ao mal tempo, boa cara”
Tilucha, a avoa de María de Infantil vainos contar un conto sobre dous nenos e a Primavera.
E agora veñen os de terceiro co seu poema
“A Luz de Galicia”
Contabamos con Isabel, mestra moi querida neste centro, que se xubilou o curso pasado. Non puido compartir este momento connosco por motivos de saúde pero tivo a marabillosa idea de gravar o poema que ía recitar.
Así que, na súa voz, escoitamos unha adaptación ao galego do poema de Juana Corsina,
titulado "Muller".
O alumnado de 4º vainos recitar o seu poema
"Mans de artesá"
Cristina, a nai de Bruno, tamén quixo ser protagonista neste acto. Escolleu a Ana María Fernández co seu poema
"Tres voltas ao planeta"
Agora tócalle recitar ao alumnado de 5º que inventou un poema titulado:"Muller loitadora"
Estamos encantados de ter aquí á nosa Carmen, conserxe xubilada o curso pasado, que nos vai recitar un poema propio. Titúlase: "Elas. Anónimas. Caladiñas"
O alumnado de 6º recita o seu poema
"A gaiteira Susana"
Damos fin a esta celebración coa entrega de diplomas do concurso de Poesía e un pequeno agasallo para todas as familias participantes.
Remata o voluntariado agradecendo a colaboración de todas as persoas que fixeron que isto fora posible.